¿ QUÉ É CSI-CSIF ?
CSI-CSIF nace coma unha confederación de sindicatos independentes que integraba a asociacións
sectoriais tales coma Asociación Estatal de Profesores de Bachillerato (APB), Federación de Sindicatos de
Profesorado Estatal (FESPE), Sindicato de Profesorado Estatal de EGB, Asociación de Funcionarios del
Estado y de la Seguridad Social (ASFESS), Sindicato Profesional de Funcionarios de Instituciones
Penitenciarias e moitas máis.
Todos eles hoxe constitúen CSI-CSIF, un sindicato profesional e independente con implantación en
tódolos ámbitos da Administración Central, Autónomica e Local, implantación que queremos potenciar
defendendo os intereses e as condicións de traballo de tódolos funcionarios e persoal laboral ó servicio das
Administracións Públicas.
Hoxe CSI-CSIF está presente en tódalas Mesas de Negociación do Sector Público
independentemente do ámbito Sectorial ou Territorial.
CSI-CSIF é tamén un Sindicato Europeo, como membro de EUROFEDOP (Federación Europea de
Persoal dos Servicios Públicos) e da CESI (Confederación Europea de Sindicatos Independentes), participa, a
través destas Organizacións nos diferentes foros de debate que compoñen o Diálogo Social Europeo. Por
outro lado, CSI-CSIF ten tamen presenza nos foros mundiais da Educación ó formar parte da CSME
(Confederación Sindical Mundial do Ensino), nos que participa nas diferentes reunións trimestrais que se
organizan para debatir sobre o ensino a nivel mundial.
O Sindicato Profesional e Independente mantén estes principios, por riba de calquera outro, nas
negociacións, na defesa dos intereses dos traballadores nas demandas específicas de grupos profesionais,
ofrecendo aos traballadores participación na elaboración das súas plataformas reivindicativas, unha
negociación transparente nas súas actuacións con ausencia de coaccións e demagoxias; e sen mesturala con
estructuras políticas que condicionen a acción sindical.
Neste afán negociador, que ten como esencia a reivindicación e como principal obxetivo negociar con
eficacia e profesionalidade, CSI-CSIF busca o desenvolvemento do traballador como persoa, onde o
primordial é o ser humano e a súa dignidade persoal e profesional.
CSI-CSIF é un Sindicato Solidario que dá resposta aos teus problemas sociolaborais, mantendo como
obxetivo unha maior xustiza social a través dunha máis xusta distribución da riqueza.
CSI-CSIF é un sindicato moderno e en continuo crecemento. Un sindicato con presencia nas Mesas de
Negociación e nos Convenios Colectivos e co respaldo de moitos miles de traballadores e traballadoras que o
potencian como un sindicato de futuro.
Fronte aos sindicatos de clase, CSI-CSIF rexeita esa cultura, ancorados en concepcións trasnoitadas
onde o traballador é unha forza de traballo con conciencia de clase; e fronte aos sindicatos sectoriais cunha
clara afinidade á empresa, sen capacidade de negociación e sen posibilidades de defender os intereses dos
traballadores; CSI-CSIF preséntase como unha verdadeira e única alternativa xa consolidada.
Recentemente, no pasado 2004 acabamos de cumprir os nosos 25 anos de Historia. Desde a súa
fundación como sindicato, ata agora, como un sindicato Profesional e Independente consolidado, foron
moitos os avances e moitas as loitas por mellorar as condicións de traballo.
Gracias ó esforzo de tódos os que
formamos CSI-CSIF , afiliados, delegados sindicais, órganos de decisión, en definitiva, persoas que durante
todo este tempo traballaron con CSI-CSIF ou se sentiron identificadas con este sindicalismo; gracias a todos
eles, hoxe CSI-CSIF, pese a ser un sindicato xove, é unha auténtica realidade que afianzou a súa presencia
na sociedade a través da eficacia nas súas actuacións.
|