Buscador
Navegador
Pagina de Inicio Retroceder
 
Novedades de Sanidade - Acción Sindical
16 Dic 2008
.
BOLETÍN INFORMATIVO DE CSI-F DO MES DE DECEMBRO.
Co ánimo de informar e dar servizo os traballadores da Sanidade Pública Galega a Central Sindical CSI-F ven de crear un boletín informativo que o tempo de informar sexa un foro de debate sanitario…. ...[sigue]
16 Dic 2008
.
CONCENTRACIÓN DIANTE DO SERGAS POLA CARREIRA PROFESIONAL CCOO E CSI-CSIF CONVOCAN UNHA CONCENTRACIÓN DIANTE DO SERGAS (SANTIAGO) O DÍA 17 ÁS 11H EN CONTRA DA PROPOSTA DO SERGAS DE CARREIRA PROFESIONAL ORDINARIA.
...[sigue]
15 Dic 2008
.
RECLAMACIÓN CARÁCTER RETROACTIVO TRIENIOS INTERINOS.
Folleto informativo reclamación pago retroactivo trienios interinos. ...[sigue]
15 Dic 2008
.
DELITO DE ACOSO LABORAL.
Folleto informativo creación do delito de acoso laboral. ...[sigue]
12 Nov 2008
.
CSI-F NON ASINA O ACORDO MARCO
FOLLETOS EXPLICATIVOS DE PORQUÉ CSI-CSIF NON ASINA O ACORDO MARCO ...[sigue]
06 Nov 2008
.
MODIFICACIÓN SERVIZOS MÍNIMOS FOLGA POLO COMPLEMENTO ESPECÍFICO
Orde do 4 de novembro de 2008, de modificación da Orde do 17 de outubro de 2008 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde durante a folga convocada polas organizacións sindicais Médicos de Galicia Independentes-O´Mega e o Sindicato de Médicos de Galicia (Simega-Cesm) desde as 0.00 horas ás 24.00 horas do 21 de outubro de 2008 con carácter indefinido.
 Ver>>
23 Oct 2008
.
CORRECCIÓN ERROS- SERVIZOS MÍNIMOS FOLGA FACULTATIVOS ESPECÍFICO.
Corrección de erros.-Orde do 17 de outubro de 2008 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde durante a folga convocada polas organizacións sindicais Médicos de Galicia Independentes O´Mega e Sindicato de Médicos de Galicia (Simega-Cesm Galicia) desde as 0.00 horas ás 24.00 horas do 21 de outubro de 2008 con carácter indefinido.
 Ver>>
21 Oct 2008
.
SERVIZOS MÍNIMOS FOLGA FACULTATIVOS ESPECÍFICO.
Orde do 17 de outubro de 2008 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde durante a folga convocada polas organizacións sindicais Médicos de Galicia Independentes-O´Mega e Sindicato de Médicos de Galicia (Simega-Cesm Galicia) desde as 0.00 horas ás 24.00 horas do 21 de outubro de 2008 con carácter indefinido.
 Ver>>
17 Oct 2008
.
RAZÓNS POLAS QUE CSI-CSIF NON ASINA O ACORDO MARCO DO SERGAS

CSI-CSIF non asina o Acordo Marco presentado polo SERGAS, principalmente polas seguintes razóns:

Þ    En 2003 non asinamos un acordo retributivo que nos colocaba como a Autonomía peor retribuída do Estado.
Þ    O acordo do 2008 mantennos na mesma situación  e mesmo incrementa  as distancias.
Þ    É un acordo a catro anos que hipotécanos a non ter posibilidades de negociación ata o ano 2013.
Þ    O incremento retributivo debera ser lineal a partires de 2009 cubrindo así a todolos traballadores.
Þ    Non se acepta a vella reivindicación da reducción de xornada a 35 horas semanais, xa aplicada en 11 CCAA.
Þ    Non se acepta a negociación para a aplicación da reclasificación de grupos aprobada no EBEP.
Þ    Este acordo marxina, excluíndo de calquera incremento retributivo, a un número importante de traballadores; laborais, funcionarios, persoal de cota e zona, xerarquizados.

ESTE ACORDO NON É ASUMIBLE POLO CSI-CSIF NIN PARA A ATENCIÓN ESPECIALIZADA NIN PARA A ATENCIÓN PRIMARIA.

13 Oct 2008
.
SERVIZOS MÍNIMOS FOLGA MÉDICOS DOS DÍAS 13, 14, 15, 16 E 17 DE OUTUBRO
Orde do 8 de outubro de 2008 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde durante a folga convocada polas organizacións sindicais Médicos de Galicia Independentes-O´Mega e Sindicato de Médicos de Galicia (SIMEGA-CESM Galicia) desde as 0.00 horas do día 13 de outubro ata as 24.00 horas do día 17 de outubro de 2008.
30 Jun 2008
.
SERVIZOS MÍNIMOS FOLGA ARQUIVO HISTORIAS CLÍNICAS CHUVI
Orde do 26 de xuño de 2008 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga que terá lugar no Arquivo de Historias Clínicas do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (desde as 8.00 ata as 8.00 horas), os días 30 de xuño e 2, 3, 9, 10, 16, 17, 23, 24, 30 e 31 de xullo de 2008, convocada polas organizacións sindicais CC.OO., CIG, CSI-CSIF, UGT e USAE.
31 Oct 2007
.
ORZAMENTOS 2008
Escrito de CSI-CSIF ao Valedor do Pobo denunciando a exclusión da firma de Carreira Profesional.



CSI-CSIF insta aos grupos parlamentarios que presenten unha emenda para modificar no trámite parlamentario o proxecto de Orzamentos 2008, e incorporar a clasificación do Grupo B conforme ó establecido na Lei 7/2007, do Estatuto Básico do Empregado Público correspondente á titulación de Técnico Superior.



CSI-CSIF insta ao Director Xeral de Orzamentos a que modifique o apartado 2 do artigo 5 do borrador dos Orzamentos 2008, para que se recolla a clasificación do grupo B correspondente cos Técnicos Superiores, tal e como establece o Estatuto Básico do Empregado público e o proxecto de orzamentos do Estado para o 2008.

03 Oct 2007
.
CONVOCATORIA MESA
Solicitude de convocatoria das comisións de seguimento de Urxencias Hospitalarias e Extrahospitalarias realizada a petición dos compañeiros de Ourense.

28 Sep 2006
.
Éxito nas concentracións convocadas por CSI-CSIF en defensa dos profesionais da Sanidade. Na concentración convocada por CSI-CSIF no día de onte en protesta polas agresións sufridas por un médico e unha enfermeira do Centro de Saúde de Matogrande houbo unha alta participación. Produciuse un paro de 11.50 a 12 de practicamente a totalidade dos centros de Saude de A Coruña, para denunciar as agresións que sufren os profesionais de SERGAS.
27 Sep 2006
.
CSI-CSIF convoca en solitario unha concentración en protesta por agresión a un médico e unha enfermeira
Concentración de Delegados de CSI-CSIF en tódolos centros de saúde da área sanitaria de A Coruña polas agresións sufridas por un médico e unha enfermeira no Centro de Saúde de Matogrande.
13 Dic 2005
.
CSI-CSIF convoca Folga na FPH Virxe da Xunqueira de Cee.
Ver.
26 Jul 2005
.
Nota de prensa de CSI-CSIF sobre o decreto de consolidacion de altos cargos
Nota de prensa sobre o decreto de consolidación de altos cargos.
27 Ene 2005
.
Celebrouse o III Congreso Autonómico de CSI-CSIF SANIDADE

Elixida a nova  Executiva de  CSI-CSIF SANIDADE no III Congreso Autonómico do Sector. imagenpdf


...[sigue]

Página opitimizada para una resolución de 1024x768

Puedes sindicar las noticias de esta web enlazando a backend.php