Buscador
Navegador
Pagina de Inicio Retroceder
 
Novedades de Ensino - Prensa e Comunicación
29 May 2008
.
Nota Informativa sobre a Mesa Sectorial
Ver nota informativa.
14 Ene 2008
.
Nota de prensa sobre mobilizacións pola modificación da normativa sobre xornada única.
CSI-CSIF e os demáis sindicatos da Mesa Sectorial inician mobilizacións para que a Consellería se sente a negociar unha nova orde sobre xornada única.
14 May 2007
.
Nota de prensa sobre o Novo borrador de Estatuto Docente
O novo borrador do Estatuto Docente tampouco responde a tódalas espectativas sindicais e profesionais.
Ver Borrador. Nota de Prensa de CSI-CSIF.
01 May 2007
.
Nota de prensa de CSI-CSIF sobre o acordo coa Consellería e a desconvocatoria da folga.
Ver nota de prensa de CSI-CSIF.
25 Abr 2007
.
Concentración de Delegados e Delegadas sindicais diante da Conselleria de Educación.

Hoxe tivo lugar a Concentración de Delegados e Delegadas Sindicais convocados por CSI-CSIF, CCOO, FETE-UGT, ANPE e STEG diante da Consellería de Educación en protesta pola decisión unilateral da Consellería de modificar a Xornada Escolar para o curso 2007/2008, impoñendo, sen posibilidade de negociación algunha, o tipo de xornada partida nos meses de setembro e xuño

.

Despois da Concentración, os representantes de cada un dos cinco sindicatos que conformamos esta plataforma mantivemos unha reunión coa Conselleira de Educación para manifestarlle unha vez máis a nos repulsa por esta decisión unilateral, e para tratar de abrir un proceso negociador sobre a xornada escolar, algo ó que a Administración Educativa se negou en redondo, dando por válida e sen volta atrás, a decisión de modificar a xornada escolar de setembro e xuño.

Dende estas organizacións sindicais, seguiremos a denunciar estas decisións totalmente arbitrarias por parte da Consellería, que é capaz de aplicar unha reforma da xornada escolar fronte á posición da totalidade das centrais sindicais, e polo tanto, en contra de todo o profesorado galego. Mentras non se consiga abrir un proceso negociador, manteranse as mobilizacións previstas no comunicado do pasado 19 de Maio, ás que está chamado o profesorado galego.

 

17 Abr 2007
.
Comunicado conxunto de CSI-CSIF, CCOO, UGT e ANPE sobre as modificacións no calendario escolar
CSI-CSIF xunto con CCOO, UGT e ANPE rexeitan a medida unilateral da Consellería de Educación de modificar a xornada escolar en xuño e setembro modificando o horario escolar. Este martes, ás 12:00 os catro sindicatos darán unha rolda de prensa no Club Internacional de Prensa sobre este tema. Ver comunicado.
04 Abr 2007
.
CSI-CSIF pide a retirada do borrador de Estatuto Docente.
Ver.
05 Mar 2007
.
Nota de Prensa Día Internacional da Muller Traballadora.
Ver.
01 Feb 2007
.
CSI-CSIF mantén unha xuntanza coa Conselleira de Educación.
Emérita Fernández e Xosé Raposo manteñen unha xuntanza coa Conselleira de Educación onde se abordaron cuestións como o acceso á función pública, formación do profesorado, oferta de emprego, convivencia, concursos, etc. Ver nota de prensa.
30 Ene 2007
.
Nota de Prensa: Dia escolar pola Paz e a non Violencia. NOTA DE PRENSA

30 DE XANEIRO, DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA.

A mellora da convivencia nos centros educativos é posible.

Cada ano o 30 de Xaneiro, o calendario vólvenos a recordar que a loita pola implantación dunha cultura basada na convivencia pacífica e a ausencia de conflictos é unha necesidade que require unha implicación de todos para que os éxitos sexan cada vez maiores.
O día escolar pola paz e a non violencia é unha magnífica oportunidade para volver a sinalar a necesidade de que a educación se desenvolva nun medio exento de violencia, porque coincidimos plenamente en sinalar, que, onde hai violencia non hai liberdade; onde non hai liberdade non hai educación e onde non hai educación a barbarie faise pouco a pouco co espacio público.

Por eso, este día é unha magnífica oportunidade para reivindicar uns centros educativos exemplos de convivencia pacífica entre profesores e alumnos, onde volvan a destacar os valores como o respecto, a autoridade do profesor, o respecto entre os alumnos, a tolerancia ós iguales e ós distintos, a liberdade, a solidariedade entre todos e a concienciación da disciplina como un valor democrático.

A situación actual non é precisamente a mellor que tivemos e a mellor que desexemos. Algúns profesores sofren agresións graves que os degradan como docentes e como persoas; moitos outros sofren outro tipo de agresións que pola súa menor gravidade non atraen a atención das administracións educativas, pero pouco a pouco van minando a súa integridade psíquica. Moitos alumnos sofren acoso escolar que incide negativamente na súa vida e no seu rendemento escolar. A educación pedeu a importante consideración social que disfrutaba non fai moito. As familias e os centros educativos estanse aloxando pouco a pouco, o que aumenta a diverxencia das mensaxes que dende ambas institucións chegan ós alumnos.

CSI-CSIF consciente do problema organizou durante o ano 2006 un Plan de Mellora da vida educativa e académica dos centros docentes. Dende entonces non deixamos de lanzar chamadas á comunidade educativa, e especialmente ás Administracións educativas, no sentido de que este problema nos afecta a todos e que entre todos temos que buscar as mellores medidas para a súa solución.
A primeira delas pasa por ser inflexibles cos casos de violencia. Non debe existir a mínima tolerancia cos casos graves que con demasiada frecuencia aparecen nos nosos centros. Pero tamén debemos buscar solucións adecuadas para a conflictividade de baixa intensidade, que é de máis difícil detección e a súa erradicación presenta máis dificultades pola permisividade que tradicionalmente tivo. Tamén os alumnos necesitan ver que non existe a máis mínima tolerancia cos acosadores. Os alumnos teñen que ver que o acosador, que o agresor ve a súa conducta reprochada e castigada.Os alumnos teñen que ver o acosado está protexido pola institución, que recibe todas as axudas que necesita e que non ten que sentir vergoña nin cambiar de centro cando é víctima de agresión continuada.

Pais e profesores temos a obriga de acercarnos máis, coñecernos mellor e superar as desconfianzas que existen actualmente orixinadas pola falta de diálogo e de confianza mutua. Unha mellores relacións e unha maior confianza redundarán na mellora da visión que os alumnos teñen da institución escolar.

As administracións poden facer algo máis do que fan para ir superando esta situación. Para empezar terían que realizar campañas masivas para recuperar o prestixio social da educación e da dignificación da profesión docente. Só cando unha cousa se valora de verdade, se respecta. A educación sempre tivo unha consideración especial pola sociedade, polo enorme potencial que tiña como mellora da promoción persoa le como único medio posible de alcanzar metas máis altas. Hoxe en día esto perdeuse e hai que volver a recuperalo. Tamén teñen que dar novas inequívocas de estar ó lado do agredido, así como poñer tódolos medios ó seu alcance para desterrar a violencia dos centros docentes e convertilos en espacios de liberdade. Teñen que dignificar a profesión docente como único medio de conseguir motivar ó profesorado para que volva a sentirse seguro e plenamente consciente da importancia da súa labor para alumnos e para a sociedade en xeral. Por último, as administracións educativas teñen que facer máis esforzo na inversión educativa para que todo o anterior se faga realidade.

Finalmente, os medios de comunicación tamén teñen a súa parte de responsabilidade nesta tarefa. Recoñecemos que foi a súa denuncia a que situou o problema no centro da discusión social. Recoñecemos que o seu concurso é necesario para mellorar a situación, pero tamén pedimos un plus de responsabilidade porque as súas intervencións sitúan o problema no centro da sociedade e porque eles tamén forman parte da solución. Por eso, CSI-CSIF lles pide que nese plus extra se inclúa a non emisión de imaxes que poidan contribuír a degradar aínda máis aos agredidos-tanto profesores como alumnos- porque eso acrecenta a ruína moral na que se instalan os agresores.

CSI-CSIF desexa que entre as actividade que os centros docentes organicen en torno á celebración do día da paz teñan en conta a reivindicación destes valores para que no futuro sexan modelos de convivencia pacífica e respecto a tódos e entre todos.
Galicia, 29 de Xaneiro de 2007
SECTOR ENSINO DE CSI-CSIF
17 Ene 2007
.
Participación do Presidente de CSI-CSIF ENSEÑANZA no Foro de La Región. Mañá 18 de Xaneiro de 2007, ás 20:15 horas no salón de Actos da Deputación de Ourense, o Presidente Nacional do Sector de Ensino de CSI-CSIF, Eliseo Moreno Burriel, participará no Foro La Región, onde vai a falar sobre "Crisis Educativa, ¿problema social o juego electoral?
28 Nov 2006
.
Demanda de CSI-CSIF para Tutela dos dereitos de liberdade sindical ante o soc Os queridos compañeiros dalguns dos sindicatos que se presentan ás eleccións de ensino en Pontevedra fixero no imposible para impedir que CSI-CSIF presentara candidatura á Xunta de Persoal nesta provincia.
As prácticas de mala fé, as manipulacións e as presións ó profesorado durante este proceso electoral, obrigando a docentes de dous centros concretos que ían na nosa candidatura, a que renunciaran a ela, son un exemplo da forma de actuar que teñen algúns dos actuais representantes do profesorado nesta provincia.
Este é o persoal que representa ó profesorado en Pontevedra, os mesmos que non queren que os docentes poidan elixir a outros diferentes. Agora o tema está no xulgado, e veremos o que pasa; pero o profesorado debería tomar nota destas actuacións, que impiden a libre concorrencia de tódolos sindicatos en igualdade de condicións ás eleccións sindicais de Ensino.
Dende CSI-CSIF queremos que o profesorado poida elixir libremente ós seus representantes, e si así o desexan, ser elixidos tamén en liberdade, sen coaccións, sen chantaxes, sen manipulacións.
Admitida a trámite a demanda de CSI-CSIF ante o xulgado do social de Pontevedra, reclamando Tutela dos dereitos de Liberdade Sindical, porque tratan de impedirnos a libre concorrencia ás eleccións sindicais á membros da Xunta de Persoal de Ensino en Pontevedra.



16 Nov 2006
.
Sobre o Decreto do Novo complemento retributivo.
CSI-CSIF non lle dá o apoio ó Decreto do novo complemento retributivo. Ver ampliación de noticia, nota informativa.
16 Nov 2006
.
CSI-CSIF apoia o novo Decreto de Acceso.
CSI-CSIF apoia o novo Decreto de acceso á función pública docente. Nota informativa con ampliación-resumen decreto.
02 Oct 2006
.
CSI-CSIF respondelle á CEAPA que insultando ó profesorado non se arregla o sistema educativo
CSI-CSIF emite unha nota de prensa en resposta ós ataques da CEAPA contra o profesorado.
28 Sep 2006
.
CSI-CSIF presenta os resultados sobre conflictividade nos centos educativos
Resultados do estudio realizado por CSI-CSIF sobre a conflictividade nos centros educativos.
15 Sep 2006
.
Informe sobre o estado do Sistema Educativo Español
Ambito Nacional: OInforme anual da OCDE confirma a grave situación do sistema educativo español.
12 Jul 2006
.
Nota de prensa sobre a addenda de interinos asinada por CSI-CSIF
Ver Nota de Prensa. Addenda asinada por CSI-CSIF.
25 Nov 2005
.
Negociación LOE-Comunicado de prensa CSI-CSIF co grupo Parlamentario Socialista
Comunicado de prensa de CSI-CSIF una vez finalizada la reunión de trabajo celebrada en el Cogreso de los Diputados con el Grupo Parlamentario Socialista.

23 Nov 2005
.
Nota de prensa sobre negociación LOE
Comunicado de prensa de CSI-CSIF tras la reunión mantenida con el Presidente del Gobierno.

22 Nov 2005
.
CSI-CSIF xunto con CCOO, ANPE e UGT presentaronlle á Consellería melloras para o colectivo de Interinos
A Consellería de Educación comprometeuse a estudiar as propostas de mellora das condicións de traballo do persoal docente interino e substituto plantexadas onte polos sindicatos asinantes do acordo de colocación do 95, na reunión da Comisión de Seguimento do acordo. Asimesmo, a Consellería manifestou a súa vontade de mantemento do actual acordo.
28 Sep 2005
.
Por un Estatuto Docente. Concentración de delegados en A Coruña
Os sindicatos CSI-CSIF, CCOO e FETE-UGT movilízanse por un Estatuto Docente. Concentración de Delegados Sindicais diante das Subdelegacións do Goberno en Galicia.
27 May 2005
.
CSI-CSIF na Mesa Sectorial Docente
Ler.
06 Abr 2005
.
Valoracións de CSI-CSIF sobre o Anteproxecto de LOE ...[sigue]
30 Mar 2005
.
Valoracion de CSI-CSIF do Anteproxecto de Lei Orgánica de Educación. ...[sigue]
16 Feb 2005
.
Mediador Escolar nos Centros ...[sigue]
15 Feb 2005
.
Comunicado de prensa conxunto sobre o Estatuto Docente ...[sigue]
14 Feb 2005
.
Por un Estatuto da Función Pública Docente ...[sigue]
12 Feb 2005
.
Rolda de prensa polo Estatuto Docente ...[sigue]
29 Ene 2005
.
Nota de prensa Acordo Colocación interinos ...[sigue]
21 Ene 2005
.
Por un Estatuto da Función Pública Docente ...[sigue]
13 Oct 2004
.
Comunicado de CSI-CSIF perante a proposta de reforma educativa do MEC ...[sigue]
06 Oct 2004
.
Duas Reformas Educativas en catro anos ...[sigue]
30 Sep 2004
.
CSI-CSIF asina un acordo co Goberno Nacional de mellora das condicións de trabal ...[sigue]
22 Mar 2004
.
Os Sindicatos da Mesa Sectorial rexeitan o calendario escolar. ...[sigue]
22 Mar 2004
.
CSIF rexeita a proposta de calendario escolar para o curso 2004/2005. ...[sigue]

Página opitimizada para una resolución de 1024x768

Puedes sindicar las noticias de esta web enlazando a backend.php